15 may. 2017


CARLOS CASARES: LETRAS GALEGAS 2017




BIOGRAFÍA


Carlos Casares Mouriño naceu en Ourense o 24 de agosto de 1941, pero aos catro anos marchou para Xinzo de Limia, onde o seu pai, Francisco Casares, traballaba de mestre. Durante a súa infancia en Xinzo de Limia ten un contacto directo coa natureza, alí aprende os nomes das árbores, dos paxaros, alí inicia a súa relación co cine, coa radio , co fútbol, co xogo e coa lectura. Foi unha infancia moi feliz rodeado da familia. Cando non tiña máis de tres anos, Carlos estivo a piques de morrer afogado no río, nun dos veráns de Lamas, salvouno a súa curmá, da mesma maneira que o propio Carlos salvaría uns anos máis tarde ao seu irmán Xavier, que tamén se afundía sen remedio nas augas do Limia ata que Carlos o rescatou. No anos cincuenta estudou no Seminario de Ourense, no que ingresou no ano 1952. Foi alí onde o seu destino literario comezou a manifestarse. Carlos publicou no Seminario un periódico chamado “El Averno do que”, segundo declararía máis tarde, era “director e único redactor”. O contacto cun profesor de Literatura, don Agustín Madarnás, foi decisivo no afianzamento da súa vocación de escritor. Ao rematar a época do Seminario, Carlos presentouse a un concurso provincial de relatos breves e ganouno. Foi Arturo Lezcano que o levou daquela a coñecer a Vicente Risco, que formara parte do xurado e comezou nese momento unha curta pero intensa amizade cultivada día a día na tertulia de diferentes cafés de Ourense, xunto con outros escritores e artistas como Prego de Oliver, Ferro Couselo, Xaime Quessada, Antón Tovar, Conde Corbal, Xaquín Lorenzo, Xosé Luis de Dios, Julio Gimeno, Acisclo Manzano, Arturo Baltar, José Luis López Cid ou o xa citado Lezcano. Nos anos sesenta marcha de Ourense a Compostela onde estuda Filosofía e Letras, alí entra rapidamente en contacto co grupo de estudantes galeguistas capitaneados por Ramón Piñeiro. A relación con Piñeiro irá medrando e intensificándose nestes anos e desembocará nunha indestrutible e íntima amizade. Comeza nesa época a traballar en diferentes agrupacións galeguistas como a Agrupación Democrática de Estudantes. Nestes anos comeza o Carlos Casares escritor con “Vento ferido” en 1967 , un libro de relatos xuvenís. Un ano máis tarde gaña o primeiro concurso de relatos convocado pola Asociación Cultural “O Facho” con “A galiña azul”, un conto para nenos que reflicte moi ben o seu espírito comprometido. Pouco máis tarde escribe “Cambio en tres”, que aborda a temática da emigración. Nesta época comeza a traballar como mestre en Viana do Bolo. En 1971, nun tren que se dirixe a Santiago de Compostela, Casares coñece a Kristina Berg, unha rapaza sueca que navega por Galicia a bordo dun barco. Cásanse pouco despois en Ourense, abriralle a Carlos as portas de Suecia, un país que acabará coñecendo moi ben, incluída a súa lingua, e que converterá nunha especie de modelo ideal para a súa Galicia soñada. Estes son tamén os anos nos que se afianza como escritor, coa publicación de títulos como “As laranxas máis laranxas de todas as laranxas”, “Xoguetes para un tempo prohibido” ou “Os escuros soños de Clío”. Tamén nesta década publica a exitosa tradución ao galego do “O principiño” (1972) do francés Antoine de Saint-Exupéry, e da edición crítica da obra completa de Curros Enríquez. Inicia a súa longa colaboración coa prensa, primeiro desde as páxinas de La Región de Ourense e a partir de 1975 en La Voz de Galicia, xornal no que publica semanalmente a sección “A ledicia de ler”. 


Aquí vos deixamos diferentes LIGAZÓNS onde podedes atopar información e diferentes ACTIVIDADES relacionadas coa vida e obra dun dos nosos escritores máis representativos do século XX. 

CEIP Plurilingüe de Tirán: recompilación de actividades para Educación Infantil e Primaria: actividades con pictogramas, taller de expresión escrita, encrucillados, sopas de letras e actividades para Educación Musical.

Velaquí vos deixamos un xogo de pasapalabra do  CPR Cardenal Cisneros, co que podemos adquirir e afianzar coñecementos sobre o autor dunha forma lúdica. 

Dende o IES Castro da Uz facilitannos o coñecemento da obra de Carlos Casares narrando, na súa voz, algúns dos seus relatos máis representativos, desde Lolo anda en bicicleta, A galiña azul ou Un polbo xigante ata Vento ferido e Cambio en tres.

ALBUMS ILUSTRADOS baseados na obra de Carlos Casares: As estrelas máis estrelas de tódalas estrelas e Unha viaxe con Carlos Casares.


O Seminario Galán comparte con todos os centros educativos este novo traballo sobre as Letras Galegas: 20 carteis que resumen os momentos máis salientables da biografía de Carlos Casares e un repaso por algunhas das obras máis coñecidas entre o alumnado máis novo: Toribio e o contador de contso, O can Rin e O lobo Crispine e A galiña Azul.
Este material compleméntase cun cuestionario de actividades dirixido a distintos cursos de primaria.

MARCAPÁXINAS:  neste enlace tendes a vosa disposición un marcapáxinas que podedes facer cos máis cativos na clase.






14 may. 2017


REVISTA LITERARIA 2017: XA TEMOS FINALISTAS PARA O NOSO CONCURSO DE PORTADAS.

Xa temos finalistas do noso concurso de portadas para a revista literaria deste ano. Coma ben sabedes, este ano, a temática para a nosa portada estaba relacionada co noso proxecto de centro "Mans de Terra".
 Dende o equipo de dinamización da lingua galega, queremos dar as grazas a tódol@s nen@s pola súa creatividade, orixinalidade e sobretodo pola súa participación.

Aquí vos deixamos unha mostra das portadas escollidas.



1 may. 2017



HOMENAXEAMOS A NOSA LINGUA



Durante este mes de Abril, adicado ao libro, quixemos rendirlle unha especial homenaxe a nosa lingua lembrando a diferentes autores galegos/as. Cada titor escolleu a vida e obra dun autor para traballar na aula cos alumnos/as. Os rapaces amosáronse entusiasmados e animáronse a decorar as súas aulas con debuxos, poemas, citas, biografías...dos diferentes escritores.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do gran traballo que estiveron a facer.



Os nenos de Educación de Infantil descubriron entre outras persoaxes, ao noso querido Balbino de "Memorias dun neno labrego" de Xosé Neira Vilas, aprenderon o poema "O caracol" de Manuel María e ademais descubriron a figura do autor que da nome a nosa escola, o noso querido Valle-Inclan.













En 1º, os nos@s cativ@s aprenderon moitas cousas sobra  a vida e obra de Antonio García Teijeiro e Ana María Fernández.









En 2ºA os alumnos estiveron a traballar a figura do escritor lucense Anxel Fole e a súa obra "A lus do Candil" (subtitulada Contos a carón do lume








Os alumn@s de 2ºB, deleitáronnos cun gran traballo sobre a escritora ferrolana Ánxela Loureiro.




En estudaron a  Eduardo Pondal e á  pontevedresa  Fina Casalderrey.



En  traballaron a vida e obra de Agustín Fernández Paz e Ledicia Costas.













@s nos@s alumn@s de 6º adicaron o seu traballo á figura da nosa queridísima Rosalía de Castro e ademais foi tal o esforzo e interese que xa están a traballar na representación dun anaquiño da súa obra.




























26 abr. 2017

SEMANA DO LIBRO

Estes días estamos de festexo,  celebramos a semana do libro,  Dende o Equipo de Dinamización e Normalización da Lingua Galega, xunto co Equipo da Biblioteca, programamos unha actividade que está a ter moi boa acollida por parte do alumnado. Baixo o título  "Adiviña a persoaxe" organizamos un concurso de siluetas.  Cada día da semana colocamos nun lugar diferente do cole  unha silueta correspondente a unha persoaxe dun conto popular. Os alumnos teñen que adiviñar de que persoaxe se trata así coma o título do libro ao que pertence e cubrir os datos correspondentes nun díptico que terán que completar totalmente e depositarr o último día no buzón do concurso para poder optar a diferentes premios que temos preparados.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra da gran participación e do ben que o pasaron os cativos estes días.

O LUNS, as nosas siluetas correspondíanse coas persoaxes de Don Quijote e Sancho Panza.




















O MARTES, Peter Pan transportounos a un mundo cheo de fantasía e ilusión.










Hoxe MÉRCORES, a nosa persoaxe secreta foi O PRINCIPIÑO.







O XOVES, os nosos nenos voaban na procura de MARY POPPINS






 O VENRES, deixámonos levar pola melodía do FLAUTISTA DE HAMELÍN.





5 abr. 2017

7 DE ABRIL DÍA MUNDIAL DA SAÚDE



En 1948, a Primeira Asemblea Mundial da Saúde propuxo que se establecese un Día Mundial da Saúde para conmemorar a fundación da O.M.S ( Organización Mundial da Saúde). Desde 1950, o Día Mundial da Saúde que se celebra cada 7 de abril, ofrece a oportunidade única para movilizar a acción en torno a un tema de saúde específico que preocupa as persoas de todo o mundo.
Este ano 2017, a OMS adica a súa campaña para o Día Mundial da Saúde á depresión.

Aquí vos deixamos algúns recursos para traballar esta conmemoración nas aulas