2 mar 2016

Día Mundial dos Dereitos do Consumidor

  O 15 de marzo conmemórase o Día Mundial dos Dereitos do Consumidor, que foi instaurado en 1983 por Nacións Unidas para lembrar os dereitos de todas as persoas como usuarios e consumidores.
  A principal finalidade era coñecer os dereitos que temos como consumidores para evitar abusos.
  O movemento dos consumidores estableceu un conxunto de oito dereitos básicos dos consumidores:
     -  Dereito á satisfacción de necesidades básicas.
     -  Dereito á seguridade.
     -  Dereito a elixir.
     -  Dereito a ser informado.
     -  Dereito a ser escoitados.
     -  Dereito á reparación.
     -  Dereito á educación como consumidores.
     -  Dereito a un ambiente saudable.


  Hoxe en día, o cambio nos nosos estilos de vida, os modelos de negocio, as compras online, etc. fan que as directrices establecidas por Nacións Unidas queden obsoletas e, por iso, os alumn@s do Valle Inclán, na procura dos “consumidores responsables”, imos a propoñer que podemos facer nós para converternos en consumidores responsables, facendo propostas, as nosas propostas.  Buscade nos corredores do cole onde está o "rincón do consumidor". Agora tócache a ti, usa a túa imaxinación… usa o teu poder!

No hay comentarios:

Publicar un comentario