Letras Galegas

Letras Galegas 2016


Manuel María
Manuel María Fernández Teixeiro, máis coñecido como Manuel María (Outeiro de Rei, Lugo, 6 de outubro de 1929 - A Coruña, 8 de setembro de 2004) foi un poeta español en lingua galega, destacado polo seu carácter combativo e o seu compromiso político. Entre os temas dos seus poemas destacan o amor, a arte, o compromiso político, a denuncia de defectos, a etnografía, a física, a historia, a inmaterialidade, a mitoloxía, o mundo animal, a palabra poética, o paso do tempo, a relixión, a sociedade, a lingua, os traballos agrarios, o urbanismo ou a xeografía.  

Para conmemorar o Día das Letras Galegas que este ano e lle adica a Manuel María, que se celebrará, coma todos os anos, o vindeiro 17 de maio, o EDLG do Valle Inclán está a preparar unha selección de recursos para que podades consultar e traballar na aula.
Este é o mural que o alumnado de 6ºB elaboraou para a data.



Se premes na imaxe de arriba poderás aceder a unha publicación do …., a cal está na carpeta laranxa da sala de mestres.


Se premes nas imaxes de abaixo, poderás aceder a uns materiais con diferentes actividades.

 Actividades premendo nas imaxes:

                


Se premes nas imaxes de abaixo, poderás aceder a uns materiais con diferentes actividades.











Se o que desexas é dar unha voltiña virtual pola Casa-Museo de Manuel María, podes facelo premendo na imaxe de abaixo.





Biografía
Manuel María era fillo de dous labradores acomodados, Antonio Fernández Núñez e Pastora Teixeiro Casanova. En 1942 trasladouse a Lugo para estudar o bacharelato, e nesta cidade comezou a súa precoz carreira literaria participando, á idade de vinte anos, no ciclo de conferencias "Novas valores lucenses", co que entrou en contacto cos integrantes do faladoiro do café Méndez Núñez (Luís Pimentel, Ánxel Fole, Juan Rof Codina...), que lle puxeron en contacto co galeguismo.
En 1950 publicou o seu primeiro poemario, Muiñeiro de brétemas, co que se inaugurou a denominada "Escola dá Tebra". En 1958 instalouse en Monforte de Lemos (Lugo), cidade na que permaneceu durante a maior parte da súa vida, como procurador dos tribunais e á que dedicou un poemario (Cancioneiro de Monforte de Lemos); ao ano seguinte casa con Saleta Goi. Nos axitados ano sesenta e setenta, Manuel María participou na reorganización política, na clandestinidade, dos partidos nacionalistas galegos, á vez que colaboraba con numerosas organizacións dedicadas á recuperación da cultura galega impartindo conferencias e recitando poemas.
Presentou tamén a Nova Canción Galega. Sendo a poesía o seu xénero preferido, incursionó tamén no ensaio, a narrativa e o teatro. Pasou dunha postura existencialista pesimista cara ao compromiso social e político.
En 1979 foi elixido concelleiro de Monforte polo Bloque Nacional Popular Galego, pero en 1985 abandonou o seu cargo público e, sen deixar nunca a militancia política, dedicouse por completo á actividade literaria e cultural, asentándose na Coruña. Unha das últimas campañas coas que colaborou foi coa de Burla Negra e a Plataforma Nunca Máis a raíz do desastre do Prestige.


Curiosidades
O comité de estudantado da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña, tras un incansable traballo, logrou que a aula 1.1 pasase a denominarse Aula Manuel María, en honra ao poeta e á súa profunda colaboración coa facultade e o comité de estudantes en particular. A apertura popular organizada polo comité levou a cabo o 22 de outubro de 2008 coa presenza de poetas galegos amigos de Manuel María como Marica Campo ou Lois Diéguez e da súa viúva Saleta Goi.




Obra
Obras poéticas
1950, Muiñeiro de brétemas
1952, Morrendo a cada intre
1954, Terra Cha
1954, Advento
1957, Auto do taberneiro. 4 ventos
1958, Documentos personaes
1960, Sermón para decir en cualquier tiempo (en castelán)
1961, Auto do labrego. Céltiga, 4
1962, Libro de pregos
1962, Contos en cuarto crecente e outras prosas
1963, Mar Maior
1964, "A poesía galega de Celso Emilio Ferreiro", Grial, 6
1965, "As augas van caudales" Grial, 9
1966, "Os alugados" Grial 14
1967, "Raimon, poeta de noso tempo", Grial, 18
1968, Proba documental
1968, Os soños na gaiola
1968, Barriga Verde
1968, Noticia da vida e da poesía de Xosé Crecente Vega
1969, Versos pra un país de minifundios
1969, Versos pra cantar en feiras e romaxes
1970, Remol
1970, Canciós do lusco ao fusco
1971, A Rosalía
1971, 99 poemas de Manuel María
1971, O Xornaleiro a sete testimuñas máis
1972, Odas nun tempo de paz e de ledicia
1973, Aldraxe contra a xistra
1973, Informe pra axudar a alcender unha cerilla
1973, Laio e clamor pola Bretaña
1973, Cantos rodados para alleados e colonizados
1976, Poemas para construír unha patria
1977, O libro das badaladas
1977, Poemas ó outono
1978, Catavento de neutrós domesticados
1979, As rúas do vento ceibe
1982, Escolma de poetas de Outeiro de Rei
1982, Versos do lume e do vagalume
1985, O camiño é unha nostalxia
1984, Cantigueiro do Orcellón
1984, A luz resuscitada
1986, Oráculos para cavalinhos-do-demo
1986, Ritual para unha tribu capital do concello
1988, As lúcidas lúas do outono
1988, Sonetos ao Val de Quiroga
1989, Saturno
1990, Cancioneiro de Monforte de Lemos
1991, Compendio de orballos e incertezas
1991, Hinos pra celebrar ao século futuro
1992, Panxoliñas
1993, Os lonxes do solpor
1993, Antoloxía poética
1993, A primavera de Venus
1993, Poemas a Compostela
1994, Cantigas e cantos de Pantón
1994, Poemas para dicirlle a dúas lagoas
1996, O Miño, canle de luz e néboa
1997, Sonetos á casa de Hortas
2000, Brétemas de muiñeiro
2000, Camiños de luz e sombra
Obras dramáticas
1957, Auto do taberneiro
1961, Auto do mariñeiro
1970, Barriga verde
1976, Unha vez foi o trebón
1979, Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela
1979, Auto trascendental do ensino tradicional
1979, Farsa de Bululú



No hay comentarios:

Publicar un comentario